Tiny hearts.

lunes, 27 de junio de 2016

Capítulo 1.

Avisáronmo moitas veces cando era pequena: o amor é perigoso para o teu pequeno corazón.
Eu estaba nesa idade que chaman tonta, era unha adolescente. Cursaba cuarto da ESO e a miña vida non era unha marabilla. Meus pais estaban separados e non se levaban ben, e a veces incluso había pelexas porque meu pai me vía pouco.
A miña infancia non fora tampouco moi bonita. Todas as noites había discusións na miña casa, e mesmo escoitara como meu pai lle facía dano a miña nai. Ante isto eu agarraba o meu oso de peluche preferido e metíame debaixo das mantas, tapando os oídos con forza.

Pero un día as cousas foron demasiado lonxe. Mentres escoitaba berros e choros saín do meu cuarto. Vin a meu pai cunha botella de whisky na man. Gritaba eufórico contra miña nai, dicindo que ela non facía nada pola nosa familia e non valía para nada. Ela estaba tirada na cama medio espida. Non puiden aturar máis aquela situación e corrín cara ela, sen darme conta de que acababa de cometer un erro moi grande.